#34 FIOT | O grupo Chévere convídanos a abrir unha conversa arredor do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, fonte dun novo proxecto escénico co que explorar a construción das narrativas da memoria. Como recordamos? Que decidimos lembrar e que decidimos esquecer?
Unha reprodución do cadro estará no Pazo da Cultura entre o 1 e o 15 de outubro xunto a un cuestionario que a compañía nos anima a responder para participar do proceso de investigación desta nova creación dunha compañía esencial no tecido teatral galego, recoñecida no Premio Nacional de Teatro en 2014. Durante a cita, teremos a oportunidade de charlar con XRon, director e dramaturgo da obra, sobre este proceso de creación.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.