A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Café con… – Equipo artístico de “Yo solo quiero irme a Francia”

25/10/2025
17:45
Pazo da Cultura

#34 FIOT | Volve Café con… , neste caso co equipo artístico de Yo solo quiero irme a Francia, de Contraproducións. Unha charla entre espectadores e compañía arredor dun café, e unha oportunidade única para coñecer de primeira man o seu traballo e o proceso creativo.

A peza teatral é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante  a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa. O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Alicia Armenteros e a galega Ledicia Sola.

  • Sábado 25 de outubro
  • 17.45 horas horas
  • Pazo da Cultura (Sala TV)
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.