A web oficial do concello de Carballo

FIOT – “Aquí tou”, monólogo con Xosé A. Touriñán

03/10/2025
21:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.

  • Venres 3 de outubro
  • 21.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 10€
  • Duración: 90 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.