A web oficial do concello de Carballo

Festa do Bosque

28/06/2026
13:00
Bosque do Añón

As Festas de San Xoán 2026 rematan coa tradicional Festa do Bosque. Durante todo o día o Bosque do Añón acolle un amplo programa de actividades para todas as idades, incluíndo actuacións musicais e xogos populares.

 

  • 13.00 horas. Sesión vermú con Laura Añón. Cantante carballesa con ampla traxectoria en orquestras como a Finisterre. Ao longo da súa carreira dentro do circuíto de festivais de Galicia, tamén prestou a súa voz a outras destacadas agrupacións musicais como a Charleston Big-Band, a Orquestra Ismael e a Orquestra Lamas.
  • 16.30 horas. Concurso de sobremesas. Patrocina: Confitería San Luís.
  • 17.30 horas. Xogos populares.
  • 18.30 horas. 104 Campionato mundial de baixada de augas dóces de barcos de papel. inscricións a partir das 17.30 horas. Premios patrocinados por: Mmmm! Xeados, Zuccaro, Libraría Clarión, Autocares Costa, Panadaría Garcos e Casa Francisco.
  • 20.00 horas. Animación musical a cargo de DJ David.

Non hai campos definidos para este produto.