A web oficial do concello de Carballo

Festa do apego con Brais das Hortas e Os Biosbardos

26/06/2026
11:30
Mercado municipal

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo celebra o venres 26 de xuño a Festa do Apego do San Xoán 2026 con dúas actuacións especiais de balde para os máis cativos e cativas na Praza do Concello.

  • 11.30 horas. Actuación de Brais das Hortas. Músico, clown e narrador, Brais das Hortas leva 25 anos nos escenarios. Toca en proxectos coma Blues do País ou Sacha na Horta. Como clown, traballa con Peter Punk Pallaso en dous espectáculos: Concerto PunkInfantil e Peter Punk e o Neno Imperdible, ademais de facer espectáculos en solitario. Como narrador forma parte da Tropa de Trapo, con Marta Ortiz.
  • 17.00 horas. Actuación de Os Biosbardos con Xogos do Mundo. Esta actividade de lecer está dirixida a público familiar e consiste nun circuíto de xogos tradicionais e populares procedentes de diferentes culturas. Estes xogos adoitan incluír probas de habilidade, puntería, equilibrio e enxeño, sendo ideal para que nenos, nenas e adultos xoguen e aprendan xuntos.

 

  • Organiza: Servizo de Normalización Lingüística (SNL)

Non hai campos definidos para este produto.