Fernando Rubio foi o guitarrista e compositor da clásica banda de soul e r&b Ferroblues e tamén o guitarra solista da Bantastic Fand, banda do malogrado Nacho Para, que participou hai uns anos no Curruncho Pop dedicado a George Harrison. Neste 2026 volve a Carballo para inaugurar o Curruncho Pop, no que levamos un decenio mesturando música e literatura, calidade e diversidade. Nesta décima edición, a Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística ten preparados cinco currunchos, catro arredor doutras tantas obras literarias, e un quinto só musical, no que sempre tratamos de contar cun artista que non é doado ver por Galicia, como é o caso de Fernando Rubio.
Ao seu nome, Rubio leva editados cinco discos, que mesturan música negra, folk e pop psicodélico. En Carballo presentará o último, Luzzy, gravado en directo no Festival de Jazz de Cartaxena, e estará acompañado por dous dos Inner Demons, o guitarrista Joaquín Talismán e o percusionista Paco del Cerro.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.