A web oficial do concello de Carballo

Exposicións Zoom FIOT e “Xesto”

Do 25/09/2025 ata o 12/11/2025
16:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a exposicion Zoom FIOT, un proxecto fotográfico sobre o festival que se realiza desde hai 10 anos e que ofrece unha visión íntima e persoal do evento. Unha ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos enmarcados na anterior edición do FIOT. Unha selección de imaxes que captura a esencia e parte das raíces ocultas do Festival, inmortalizando momentos únicos que o público non soe ver. Os fotógrafos participantes nesta exposición son: Criss Becerra, Raúl Lorenzo, Marcos Rodríguez, Esther Chamoso, Daría García, Fernando Lema e Fabiola Lorenzo. Poderá visitarse até o 12 de novembro de luns a sábado de 16.00 a 21.00 horas.

Ademais, o FIOT tamén contará coa instalación artística de Noelia Paz, que acompañará ás espectadoras e espectadores durante todo o FIOT e que se titula Xesto. Nela, a artista recolle o lema do festival “Raíz viva, memoria colectiva” para inspirarse. Así, para ela, as raíces son unha serie de nutrientes que conforman a nosa identidade colectiva e que xeran un efecto distinto en cada persoa. Un impulso que acaba derivando en xestos individuais. Tamén está no andar -1 do Pazo da Cultura, a carón do auditorio.

📷 © Vanessa Rábade

Marque o número de prazas que precisa

Non hai campos definidos para este produto.