A web oficial do concello de Carballo

Exposición do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo

Do 18/11/2026 ata o 08/12/2026
17:00
Pazo da Cultura

O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a exposición itinerante do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, convocado pola Deputación da Coruña para apoiar e dar visibilidade á creación artística contemporánea. A mostra reúne unha selección das obras presentadas nesta edición, entre as que se atopa Intervalo 2024, de Ana Isabel Gesto Beiroa, galardoada co premio principal do certame. As propostas seleccionadas ofrecen unha ollada diversa sobre a creación plástica actual e as distintas linguaxes artísticas. A mostra poderá visitarse do 18 de novembro ao 8 de decembro, no andar -1 do Pazo da Cultura, en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Organizan: Deputación da Coruña e Concellaría de Cultura

Non hai campos definidos para este produto.