A web oficial do concello de Carballo

Exposición de óleo e cerámica de Francesc Aloy

Do 19/06/2025 ata o 04/07/2025
17:30
Pazo da Cultura
O Pazo da Cultura acolle a exposición 𝐏𝐚𝐢𝐬𝐚𝐱𝐞𝐬 𝐞 𝐫𝐢𝐧𝐜𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐫𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐞 𝐂𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐌𝐨𝐫𝐭𝐞, do artista valenciano 𝐅𝐫𝐚𝐧𝐜𝐞𝐬𝐜 𝐀𝐥𝐨𝐲. O artista leva presentando a súa obra en Carballo dende hai anos (en 2006, 2012 e 2018). Desta volta a exposición está composta por pinturas ao óleo con paisaxes da comarca cun tratamento impresionista e tamén por cerámicas de diferentes deseños. Podes visitala ata o 4 de xullo, de luns a sábado, de 17.30 a 20.30 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura.

No field defined for this product.