O andar -1 do Pazo da Cultura acolle a exposición “O Susurro dos Antergos” que recolle obras de artistas da comarca de Bergantiños. O público que se achegue a visitala atopará pezas de pintura, escultura, instalacións, performance ou mesmo teatro realizadas por Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMÑ (Maribel Castiñeira), Loli España, Luís Pesce e Mon Lendoiro. A mostra mergúllase na riqueza da mitoloxía galega, dando vida aos seus seres, lendas e simboloxías, creando un espazo sensorial onde o pasado e o presente dialogan. Un convite a escoitar as voces antigas que aínda latexan na nosa memoria colectiva. A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 17.00 a 20.30 horas até o 18 de agosto.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.