A web oficial do concello de Carballo

Exposición “As feiras en Carballo de Bergantiños” no arquivo municipal

Do 21/04/2026 ata o 29/05/2026
12:00
Arquivo municipal

O arquivo municipal de Carballo acolle desde a exposición fotográfica e documental As feiras en Carballo de Bergantiños, unha mostra que pon en valor o papel fundamental das feiras na historia e identidade da vila.

Comisariada polo historiador e escritor Xan Fraga Rodríguez, a exposición ofrece un percorrido visual e documental pola evolución das feiras, desde as súas orixes como espazos de intercambio de gando e produtos ata a súa consolidación como eixo económico e social do municipio. A través de fotografías históricas, textos explicativos e materiais de arquivo, o público pode achegarse á transformación de Carballo nun referente comercial da comarca de Bergantiños.

A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 12.00 a 13.00 horas, nas instalacións do arquivo municipal.

Non hai campos definidos para este produto.