A web oficial do concello de Carballo

Exposición “50 anos coidando a terra”

Do 31/07/2025 ata o 12/08/2025
08:00
Praza do Concello
A Praza do Concello de Carballo acolle até o sábado 12 de agosto a exposición “50 anos coidando a terra”, que conmemora medio século de traxectoria na defensa do medio ambiente por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). A mostra exterior conta con16 paneis distribuídos en 4 tótem cúbicos expositivos, acompañados de varios bidóns que simulan ser radioactivos e que evocan a confrontación do pobo galego contra os vertidos de residuos nucleares na Foxa atlántica, unha das loitas ecoloxistas galegas que maior repercusión tivo dentro e fóra das nosas fronteiras. Os contidos escollidos por ADEGA para retratar os seus 50 anos mesturan o relato histórico evolutivo da Asociación e as diferentes e múltiples ameazas ambientais que sufriu e sofre o noso país nas últimas cinco décadas.
A exposición “50 anos coidando a terra” foi realizada grazas ao apoio da Deputación provincial da Coruña e á colaboración de socias e simpatizantes que axudaron a configurar os textos e a dotar a mostra de imaxes.

Non hai campos definidos para este produto.