A web oficial do concello de Carballo

Eu quero Razo-Baldaio: “Polas follas te coñezo”

15/07/2026
10:30
Centro social de Lema

Que é: Actividade que ten como obxectivo a identificación das árbores autóctonas máis importantes da contorna. Tamén se afondará sobre os usos tradicionais de cada unha destas especies. Realizarase a través dunha saída por camiños e corredoiras de non máis de 3,5 km de percorrido pola parroquia de Lema. Repartirase aos asistentes guías aptas para as saídas ao medio natural, onde veñen reflexadas as 7 principais especies de árbores autóctonos.

Que levar: Mochila con auga, gorra, gafas, impermeable (infórmate da previsión meteorolóxica). Calzado axeitado (pode haber lama).

Lembra: Non se permite a asistencia con animais de compañía. Debes respectar a contorna e as indicacións dos/das guías  Se necesitas máis información sendanova@hotmail.com 611037617 Co apuntamento na actividade aceptas coñecer a información sobre a mesma e os riscos asociados. A Asociación Ambiental Senda Nova dispón de pólizas de seguros para os participantes das actividades desenvolvidas

  • Data: 15 de xullo
  • Lugar: centro social de Lema
  • Hora: de 10.30 a 13.30
  • Público: todos os públicos
  • Prazas limitadas. Inscrición no formulario inferior.

 

Se necesitas máis información: sendanova@hotmail.com ou 611037617

Co apuntamento na actividade aceptas coñecer a información sobre a mesma e os riscos asociados. A Asociación Ambiental Senda Nova dispón de pólizas de seguros para os participantes das actividades desenvolvidas.

5 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.