A web oficial do concello de Carballo

Eu quero Razo-Baldaio: Na procura das pegadas dos animais

05/09/2026
10:00
Centro social de Lema

Un obradoiro teórico-práctico permitirá aprender a identificar rastros e indicios da fauna silvestre presentes na contorna natural do concello de Carballo.

Realizarase en dúas partes diferenciadas:

  1. Parte expositiva dentro do centro social, onde visualizaremos os mamíferos autóctonos máis representativos.
  2. Saída por camiños e corredoiras na procura de indicos reais. A saída será de non máis de 3,5 km de percorrido pola parroquia de Lema.

Repartiranse aos asistentes guías aptas para as saídas ao medio natural, onde veñen reflexadas pegadas dos mamíferos máis representativos.

Que levar: Mochila con auga, gorra, gafas, impermeable (infórmate da previsión meteorolóxica). Calzado axeitado (pode haber lama).

Lembra que non se permite a asistencia con animais de compañía e que debes respectar a contorna e as indicacións dos/das guías.

  • Data: 5 de setembro
  • Lugar: centro social de Lema
  • Hora: de 10.00 a 14.00 h
  • Público: todos os públicos
  • Prazas limitadas. Inscrición no formulario inferior.

Se necesitas máis información sendanova@hotmail.com 611037617 Co apuntamento na actividade aceptas coñecer a información sobre a mesma e os riscos asociados. A Asociación Ambiental Senda Nova dispón de pólizas de seguros para os participantes das actividades desenvolvidas

15 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.