A web oficial do concello de Carballo

Eu quero Razo-Baldaio: Ioga na praia

Do 21/07/2026 ata o 13/08/2026
19:45
Praias de Razo e Pedra do Sal

O programa Eu quero Razo-Baldaio ofrecerá este verán varias sesións de ioga ao aire libre nas praias de Razo e Pedra do Sal. As clases, impartidas polo centro Namasté, pretenden promover hábitos saudables e unha relación máis consciente coa contorna natural, combinando exercicio físico, relaxación e contacto directo coa paisaxe litoral. As sesións están abertas a todos os públicos e non é necesaria experiencia previa nin inscrición.

  • Datas das sesións en Razo: 21 e 28 de xullo e 4 e 11 de agosto (zona da Cabreira)
  • Datas das sesións na Pedra do Sal: 23 e 30 de xullo e 6 e 13 de agosto
  • Hora: de 19.45 a 20.45
  • Público: todos os públicos

Non hai campos definidos para este produto.