A web oficial do concello de Carballo

Entroido | Pasarrúas coa Charanga Santa Compaña

17/02/2026
18:30
Praza do Concello

Entroido |  Pasarrúas pola Praza do Concello e outras rúas de Carballo para animar o martes de Entroido, un día máis coa Charanga Santa Compaña. En setembro de 2014, un grupo de estudantes do mundo da música procedentes de conservatorios profesionais e superior, deciden xuntarse e crear esta agrupación musical. A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues… e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran. A partir das 18.30 horas.

 

Non hai campos definidos para este produto.