Entroido | Pasarrúas pola Praza do Concello e outras rúas de Carballo para animar o domingo de Entroido, desta volta coa Charanga Santa Compaña. En setembro de 2014, un grupo de estudantes do mundo da música procedentes de conservatorios profesionais e superior, deciden xuntarse e crear esta agrupación musical. A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues… e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran. A partir das 17.30 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.