Entroido | Pasarrúas pola Praza do Concello e outras rúas de Carballo para animar o luns de Entroido, neste caso coa Charanga Bregadiers. Ritmos de swing, jazz e rock & roll caracterizan a esta agrupación de músicos experimentados cuxa banda trae música doutras partes do mundo ás rúas de Galicia. Inspirados nas bandas de música, as fanfarrias e as bandas xitanas, Os Bregadiers son herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística innegable. A partir das 20.00 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.