Entroido | A Praza do Concello encherase de música o venres de Entroido con Cé Orquestra Pantasma. Detrás deste nome agóchase César Freiria, un músico vigués autodidacta apaixonado polos instrumentos. Desde principios do verán de 2008, xira por toda Galicia, realizando máis de 150 concertos ao ano e presentándose nos mellores festivais e celebracións do país con este proxecto musical moi versátil grazas ao seu amplo e variado repertorio. A partir das 18.30 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.