A web oficial do concello de Carballo

“En Samaín toca… maxia!”, un espectáculo infantil para pasalo de medo

31/10/2025
17:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Para pasalo de medo! Poucas datas hai no ano tan misteriosas e máxicas como Samaín, e para pasalo de medo non hai nada mellor que a maxia! O noso espectáculo temático de Samaín está cheo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión, ademais de incluír un fondo de escenario acorde co tema destas datas para facer de calquera celebración de Samaín ou Halloween un evento inesquecible.

Lendas e historias misteriosas, as pantasmas, as bruxas… Todos estes clásicos para non durmir están presentes no espectáculo En Samaín toca… maxia! Pero tranquilos, non por iso é un espectáculo que dea medo de verdade! O importante para nós é que a maxia sexa divertida, abraiante e apta para todos os públicos. E neste caso será para nenos e nenas a partir de 4 anos. 

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.