Verán Cultural | De Ninghures regresa a Carballo con seu novo disco Feira, unha evolución sonora que conta con máis experimentación e electrónica, se perder a esencia e medrando en identidade, onde fusionan as coplas e as melodías populares con ritmos e inspiracións doutras culturas. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual que, ao igual que as feiras populares, se transformaron co tempo. Este grupo fai o mesmo coa tradición: actualizala. Acaban de gañar o premio Martín Códax á música folk.
Acceso libre ata completar a capacidade | Colabora: Deputación da Coruña | Patrocina: Fundación Luis Calvo Sanz
📷 Arancha Brandón
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.