A web oficial do concello de Carballo

De landras a carballos: “Rachando co guión”, con A xanela do maxín

19/06/2026
18:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

O programa De landras da carballos despídese por este ano coa actividade Rachando co guión, a cargo de Celtia Figueiras (A xanela do maxín), un obradoiro participativo que utiliza o xogo dramático e o teatro foro para reflexionar sobre a desigualdade de xénero, cuestionar estereotipos e promover convivencia inclusiva.

Todas as sesións teñen capacidade para 30 nenos/as e están deseñadas para ser vividas en familia, coa intención de reforzar os vínculos afectivos e favorecer aprendizaxes significativas desde as primeiras idades.

Idades: de 6 a 11 anos. Cada neno/a poderá asistir cun máximo de dúas persoas acompañantes. 
Duración: 60 min
Organizan: concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística
Inscrición: no formulario inferior

Non hai campos definidos para este produto.