A web oficial do concello de Carballo

De landras a carballos: “Eu son de ciencias”, con Trémola Teatro

20/02/2026
18:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

O programa De landras da carballos arrinca neste 2026 coa proposta Eu son de ciencias, de Trémola Teatro, un contacontos no que a Terra e a súa avoa realizan unha viaxe pola historia de grandes científicas. A sesión inclúe un experimento científico en directo, pensado para espertar a curiosidade e descubrir a ciencia en familia.

Todas as sesións teñen capacidade para 30 nenos/as e están deseñadas para ser vividas en familia, coa intención de reforzar os vínculos afectivos e favorecer aprendizaxes significativas desde as primeiras idades.

Idades: A partir de 5 anos (público familiar). Cada neno/a poderá asistir cun máximo de dúas persoas acompañantes. 
Duración: 45 min
Organizan: concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística
Inscrición: no formulario inferior

Non hai campos definidos para este produto.