A web oficial do concello de Carballo

Listaxe de agarda para o curso de aproveitamento dos alimentos e redución do desperdicio

02/10/2026
16:00
Fórum Carballo

O Concello de Carballo pon en marcha unha nova actividade dentro da súa campaña de biorresiduos, nesta ocasión centrada na prevención: aproveitar mellor os alimentos para evitar que produtos que aínda poden ser consumidos acaben converténdose en residuos.

O curso celebrarase o próximo 2 de outubro, de 16.00 a 18.00 horas, na Escola de Hostalaría de Carballo, nas instalacións do Fórum, e estará aberto á participación de toda a cidadanía.

A actividade contará con 20 prazas, que xa están cubertas, pero abrimos listaxe de agarda para cubrir posibles baixas.

Durante a sesión abordaranse diferentes aspectos relacionados co aproveitamento alimentario e ofreceranse pautas prácticas aplicables á vida diaria para mellorar o uso dos produtos, reducir o desperdicio e, en consecuencia, diminuír tamén a cantidade de residuos orgánicos que se xeran nos fogares.

Esta iniciativa forma parte da campaña de biorresiduos que está a desenvolver o Concello de Carballo, con diferentes actuacións destinadas a fomentar hábitos máis sustentables e a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal.

A actividade está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Dispoñible para reserva

Non hai campos definidos para este produto.