A web oficial do concello de Carballo

Curruncho Pop: Homenaxe aos Outlaws da música country

21/03/2026
19:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

A biblioteca Rego da Balsa acolle unha nova cita do Curruncho Pop. O evento inclúe a presentación do libro Los forajidos de la música country, de Javier Márquez Sánchez, un percorrido pola historia e a lenda das figuras máis carismáticas deste xénero: Kris Kristofferson, Waylon Jennings e Willie Nelson.

Para celebrar este legado, o encontro rematará cunha actuación musical moi especial a cargo dos HTH (Honky Tonk Heroes), unha banda creada para a ocasión formada por Hendrik Röever, Óscar Avendaño, Ramón Saleta, Joki e Rubén Suárez. Unha oportunidade única para escoitar en directo os temas que definiron a era dos Outlaws.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

Non hai campos definidos para este produto.