A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Conversa arredor de Manuel Lourenzo

24/10/2026
18:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Manuel Lourenzo forma parte da prezada comunidade de honra do FIOT, os Xograres de Outono. É unha das figuras imprescindibles para entender o teatro galego contemporáneo e un dos seus representantes máis ilustres. Prolífico autor de máis de 300 pezas teatrais, actor, director, investigador e mestre de varias xeracións de profesionais da escena, a súa traxectoria atravesa a historia recente do noso teatro. Cando se cumpre un ano do seu falecemento, ButacaZero organiza un acto na súa lembranza, e o FIOT súmase nesta conmemoración.

A conversa estará dirixida por Xavier Castiñeira, director teatral e un dos colaboradores da exposición Manuel Lourenzo. A pegada que continúa, e contará coa participación de profesionais que forman parte da súa herdanza cultural, como a carballesa Alba Bermúdez, entre outras.

Un encontro para achegarnos á figura, á obra e ao legado de Manuel Lourenzo e compartir reflexións sobre o seu impacto no teatro galego.

  • Sábado 24 de outubro
  • 18.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.