A Asociación Cultural San Campio organiza unha nova edición do Live in Cances, unha cita consolidada na programación musical da comarca que este ano celebra a súa XX edición. Nacido como un espazo para dar visibilidade ás bandas locais e comarcais, o festival mantén o seu espírito de apoio á música en directo e ás novas formacións. Este ano cambia de data, abandonando a súa tradicional celebración en novembro para trasladar a cita ao verán.
Nesta edición actuarán Mangata, Plástico e Máxica, nun concerto que se celebrará ao aire libre (se o tempo o permite) no recinto das antigas escolas de Cances-Local Social a partir das 20.00 horas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.