A web oficial do concello de Carballo

Concerto de BAIUCA na Praza do Concello

24/06/2026
23:00
Praza do Concello

O día grande das festas de San Xoán 2026 a Praza do Concello acolle o concerto de BAIUCA a partir das 23.00 horas. Proxecto pioneiro en fusionar a música tradicional galega con electrónica de vangarda, BAIUCA converteuse nun fenómeno cultural e musical practicamente desde os seus inicios. Con tres álbums longos publicados (os icónicos “Solpor”, “Embruxo” e “Barullo”), dous EPs (“Misturas” e “Paisaxes”), dous splits (“Adélia”, xunto ás portuguesas HAEMA; e “Diamante / La Nana”, xunto a Alba Reche), o produtor e artista galego Alejandro Guillán conseguiu instalar unha nova idea de mestizaxe musical que se converteu en referente non só dentro do estado senón tamén fóra das nosas fronteiras.​

En poucos anos de carreira, xirou por países como México, Colombia, Ecuador, Marrocos, Sudán, Portugal, Países Baixos, Italia, Reino Unido, Francia ou Suíza. E é que o formato de banda en directo de Baiuca non só ten ao propio produtor galego no centro da ecuación tocando diferentes instrumentos tradicionais galegos e, á vez, operando cos seus sintetizadores e programacións; senón que o acompañan algúns dos músicos máis prestixiosos da música tradicional estatal. 

Non hai campos definidos para este produto.