A web oficial do concello de Carballo

Clase maxistral de rotulación e lettering sobre parede con Nico Barrios

Nesta clase maxistral abordaremos a técnica de pincel do rotulista tradicional aplicada ao mural. Utilizaremos a paleta plana de pintor para aprender os trazos básicos, e unha vez dominados, aplicámolos na construción de letras.

Veremos diversos estilos e formatos posibles, a partir dos cales deseñaremos o noso propio modelo, para aplicalo posteriormente ao muro seguindo a técnica tradicional. Aínda que esta técnica se utilizou historicamente para a construción de letras, é en si unha ampliación fundamental do uso do pincel, útil a calquera pintor ou muralista no seu traballo.

Nico Barrios é rotulista tradicional de profesión e artista urbano a ratos. Nacido en Alicante en 1991, comezou no graffiti con 14 anos. Aos 18 mudouse a Valencia para estudar Belas Artes, onde o graffiti evoluciona ao seu estilo abstracto actual, e unha vez rematada a carreira mudouse a Barcelona, onde inicia e desenvolve o seu oficio actual, a rotulación tradicional con pincel. En 2020 volveu a Valencia, onde reside actualmente, combinando o seu traballo co muralismo, a formación de novos artistas e a investigación académica.

Data: sábado 31 de maio 2025

Horarios: de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h.

Lugar: Fórum Carballo

Prazas limitadas

Inscrición de balde aquí

Otros eventos que no te puedes perder

No field defined for this product.