A actividade “Retrato friki: cando as series eran ao mediodía” está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
Durante dúas xornadas viaxaremos a 80´s e 90´s, a esas sobremesas calurosas de verán onde Michael Knight, Steve Urkel, Magnum ou M.A Barracus eran os xefes indiscutibles da oferta televisiva. Yoseba MP traenos esta delirante e nostálxica masterclass de iniciación ao retrato e a pintura rápida, onde ti elixes o teu personaxe favorito! Dende Alf ata Mitch Bukanan, de Balki Baltokomus ata McGyver. Unha viaxe ao pasado a través do retrato! Elixe a que máis che guste ou trae o teu personaxe fetiche!!
Yoseba Muruzábal, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo e a un frikismo latente, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. É creador da serie de murais chamada ‘Fenómenos do rural’ onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.
Data: venres 6 e sábado 7 de xuño
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h.
Lugar: Praza do Concello
Prazas limitadas.
Inscrición de balde aquí
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.