A web oficial do concello de Carballo

Circuíto de seguridade viaria para crianzas ata 6 anos

17/09/2025
17:00
Mercado municipal

A programación de Apego para o último cuadrimestre do 2025 comeza cunha actividade enmarcada na celebración da Semana Europea da Mobilidade: un circuíto de seguridade viaria no que as crianzas poderán participar cos seus triciclos, bicicletas, patinetes… ou mesmo a pé!

Nesta actividade contaremos coa colaboración da Policía Local e do Club Ciclista Carballo.

Hai cinco quendas: 17.00, 17.30, 18.00, 18.30 e 19.00 h, que se irán asignando por preferencia e orde de solicitude.

 

22 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.