Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias. Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte.
Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas. Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida. Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…
Descúbreo en familia! Un espectáculo para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Inscricións no formulario. Selecciona en primeiro lugar o número de prazas que queres reservar e cubre os datos de cada unha das persoas asistentes.
27 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.