A web oficial do concello de Carballo

Carballo na memoria: 50 anos da carta arqueolóxica de Bergantiños

03/09/2026
19:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

As Xornadas Carballo na Memoria abriranse o xoves 3 de setembro, ás 19.00 horas, nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, cunha mirada ao patrimonio arqueolóxico da comarca.

O protagonista será Antón Abel Rodríguez Casal, autor da Carta arqueolóxica do partido xudicial de Carballo de Bergantiños e catedrático xubilado da USC, que ofrecerá o relatorio “A carta arqueolóxica da comarca de Bergantiños e o seu valor patrimonial 50 anos despois”. A presentación correrá a cargo de Xosé Ameixeiras Lavandeira, delegado de La Voz de Galicia en Carballo.

A sesión permitirá revisar medio século despois un traballo fundamental para o coñecemento do patrimonio arqueolóxico de Bergantiños e reflexionar sobre a evolución da súa investigación e conservación.

A entrada será libre e de balde.

Non hai campos definidos para este produto.