O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o vindeiro 14 de marzo, ás 19.00 horas, o II Festival de Bandas de Música, unha cita organizada polo Conservatorio Municipal de Música (CMUS) con entrada libre.
O festival reunirá diferentes formacións musicais vinculadas á formación e á práctica bandística, e ofrecerá ao público a oportunidade de gozar dunha tarde de música en directo e de coñecer o traballo que realizan as bandas e o alumnado das escolas de música.
No concerto participarán a Banda de iniciación Santiago de Arteixo e a Banda de música infantil do CMUS Carballo, en representación das novas xeracións de músicos. Tamén actuarán a Banda de Música Santiago de Arteixo e a Banda de Música CMUS Carballo, dúas agrupacións consolidadas que ofrecerán un repertorio variado para todos os públicos.
O festival celebrarase no Pazo da Cultura de Carballo e busca consolidarse como unha cita cultural de referencia para promover a música de banda e fomentar o encontro entre diferentes agrupacións musicais.
Desde a organización anímase á veciñanza e ás persoas amantes da música a asistir a este evento e desfrutar dunha tarde dedicada á música de banda.
Colabora a Deputación da Coruña.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.