A web oficial do concello de Carballo

Carballo acolle o Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega

A 15ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrarase este ano en Carballo en recoñecemento á riqueza que o canto tradicional ten tanto neste concello coma na comarca bergantiñá. Entre as novidades desta edición destaca que o concerto estará a cargo de Do Bertau, unha formación coordinada polo músico Richi Casás, creada expresamente para esta ocasión e integrada por 11 artistas de distintos eidos musicais. O concerto terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o 16 de maio (20.30 horas). Neste momento xa non hai convites dispoñibles, pero a cita poderá seguirse en directo desde o web do CCG (https://consellodacultura.gal/) e o Día das Letras Galegas na G2 da TVG.

No field defined for this product.