A web oficial do concello de Carballo

“Canta miña compañeira…”: Festival de música e baile tradicional

22/08/2025
21:30
Praza do Concello

Verán Cultural | Festival de música e baile tradicional coa Banda Municipal de Gaitas, AC Arume de Berdillo, AC Nemeth, Cantareiras de San Campio de Cances, Coro Aires de Bergantiños e Escola do Alprende de Oza.

Este ano, no que en Carballo homenaxeamos intensamente ás cantareiras e á poesía popular oral, as nosas agrupacións musicais realizarán un festival de música e baile tradicional no que a muller tocadora será a protagonista, unha homenaxe ás nosas cantareiras. A posta en valor da música de tradición oral é parte do noso compromiso para preservar e difundir este patrimonio inmaterial tan importante no noso concello e na comarca de Bergantiños.

Acceso libre ata completar a capacidade

Non hai campos definidos para este produto.