Nadal en Carballo | Carballo xa ten todo preparado para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar na tarde do luns 5 de xaneiro. As súas maxestades os Reis Magos de Oriente realizarán un percorrido pola vila coa tradicional Cabalgata e recibirán aos nenos e nenas na carpa da Praza do Concello para falar con eles e atender as súas peticións. A cativada tamén poderá entregar as súas cartas na Caixa de Correos Real situada á entrada da recepción.
Saída no aparcamento do CC Bergantiños Hiper Gadis, Avenida Ponte da Pedra, Rúa Fábrica, Rúa Poñente, Rúa Luis Calvo, Rúa Alexandre Bóveda, Avenida de Fisterra, Rúa Río Anllóns, Avenida da Milagrosa (Parada 1), Rúa do Sol, Rúa Martín Herrera (Parada 2), Rúa Jacinto Amigo, Rúa Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Rúa Doutor Fleming, Avenida de Bergantiños, Rúa Vila de Ordes, Rúa Gran Vía, Rúa Vázquez de Parga, Rúa Valle Inclán, Rúa Colón e chegada á Praza do Concello.
Un amplo equipo integrado por persoal da área de Cultura, a Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil, o Servizo Municipal de Protección Civil, a Policía Local de Carballo, a Brigada Municipal de Obras traballan arreo para telo todo a punto: as carrozas, a carpa da Praza do Concello, os tronos… Ademais a cita conta coa colaboración do Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis (que achega 600 Kg de caramelos) e o Grupo Dimolk que cede os coches que transportan as carrozas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.