A web oficial do concello de Carballo

“Brincadeiras da lingua”, con Migallas Teatro, pecha a Semana do Libro e a Lectura

24/04/2026
18:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Para despedir a Semana do Libro e a Lectura recibimos a Migallas Teatro con Brincadeiras da lingua, un espectáculo participativo con cancións, contos e monicreques que achega, dun xeito divertido, a riqueza da literatura popular infantil galega.

Data: venres, 24 de abril
Compañía: Migallas Teatro
Hora: 18:00 h
Lugar: Biblioteca Rego da Balsa
Público: todos os públicos

Inscricións: no formulario inferior. As prazas son limitadas

Lembra! Debes seleccionar o número de prazas que ides ocupar contando os nenos/as asistentes e a persoa adulta responsable.

Exemplo:

Se levas un/ha neno/a debes marcar 2 prazas
Se levas dous nenos/as debes marcar 3 prazas, etc

40 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.