Este domingo o baile cambia de pista!
Rematamos setembro cunha novidade: levamos o baile de Remocea ata Xoane, na parroquia de Goiáns.
O recentemente inaugurado centro social de Xoane recibe por primeira vez unha das nosas tardes de baile. Unha oportunidade estupenda para coñecer as novas instalacións, encher o centro de vida e, por suposto, botar uns bailes!
A música do dúo Marineda soará en directo e todo o mundo está convidado.
De 18.00 a 21.00 horas, vémonos no centro social de Xoane-Goiáns!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.