Os Ratos de Lonxedetodo, da compañía TrinkeTrinke Teatro, volven á biblioteca Rego da Balsa co espectáculo Avós.
DESCRICIÓN: O ciclo da vida e o respecto aos anciáns son os dous temas deste espectáculo. Faifá cóntanos como un día axudou á avóa Catuxa a plantar unha maceira. Agora cando come unha mazá, lémbrase dela. Contarános contos que a avoa lle contou e coa música que a ela lle gustaba.
Contos: A árbore xenerosa; Avós.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
DATA E HORA: A sesión terá lugar o mércores 1 de abril. Dúas sesións: 17.30h e 18.30h
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario inferior a partir do mércores 25 de marzo.
IMPORTANTE: Deberanse seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Para cancelar a asistencia é preciso chamar ao teléfono 981 758 580.
Agardámosvos!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.