A web oficial do concello de Carballo

As Andainas de Remocea: Sísamo

07/09/2025
10:00
Igrexa parroquial de Sísamo

Arrincan as Andainas de Remocea, unha iniciativa da Concellaría de Mobilidade coa que pretendemos fomentar o exercicio físico e poñer en valor a riqueza das nosas parroquias a través do coñecemento dos seus valores culturais e ambientais nunha serie de rutas guiadas por zonas rurais. Esta semana percorreremos Sisamo. A parroquia regada polo río Anllóns é unha das poucas que contén espazos protexidos pola Rede Natura. Posúe un castro catalogado, unha importante igrexa e un dos pazos máis emblemáticos do noso concello. Esta parroquia acolleu a casa consistorial.

O punto de encontro será a igrexa parroquial de Santiago Apóstolo.

As Andainas de Remocea están dirixidasa a maiores de 60 anos e realizaranse os domingos pola mañá. Todos os itinerarios serán circulares, de 2 a 3 horas de duración e dificultade baixa, e as persoas participantes terán que achegarse ata o punto de encontro polos seus medios. Para participar só se precisa unha forma física normal, roupa e calzado cómodos, unha mochila con algo de comida e auga, e ganas de coñecer o noso territorio!

As Andainas de Remocea teñen como finalidade promover o coñecemento dos valores culturais e ambientais das parroquias do concello de Carballo a través da actividade deportiva, ademais de facilitar ás persoas participantes un achegamento especial á etnografía, a arquitectura e a ecoloxía, utilizando de xeito prioritario as antigas corredoiras antigas e fuxindo do asfalto. As persoas participantes irán acompañadas por un guía profesional da empresa Vía Inqueda.

6 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.