Arrincan as Andainas de Remocea, unha iniciativa da Concellaría de Mobilidade coa que pretendemos fomentar o exercicio físico e poñer en valor a riqueza das nosas parroquias a través do coñecemento dos seus valores culturais e ambientais nunha serie de rutas guiadas por zonas rurais. Esta semana percorreremos Artes. Esta parroquia enmárcase nun fermoso val por onde non pasa ningunha estrada importante. A igrexa de San Xurxo e a capela do santo Antón son dous polos do rico patrimonio etnográfico e natural da parroquial A capela sitúase no interior dun dos pazos máis importantes da comarca: Vilar de Francos, que será o punto de encontro.
As Andainas de Remocea están dirixidas a maiores de 60 anos e realizaranse os domingos pola mañá. Todos os itinerarios serán circulares, de 2 a 3 horas de duración e dificultade baixa, e as persoas participantes terán que achegarse ata o punto de encontro polos seus medios. Para participar só se precisa unha forma física normal, roupa e calzado cómodos, unha mochila con algo de comida e auga, e ganas de coñecer o noso territorio!
As Andainas de Remocea teñen como finalidade promover o coñecemento dos valores culturais e ambientais das parroquias do concello de Carballo a través da actividade deportiva, ademais de facilitar ás persoas participantes un achegamento especial á etnografía, a arquitectura e a ecoloxía, utilizando de xeito prioritario as antigas corredoiras antigas e fuxindo do asfalto. As persoas participantes irán acompañadas por un guía profesional da empresa Vía Inqueda.
12 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.