Fisioterapeuta de profesión, esta carballesa de Rus traballa na actualidade no Hospital Universitario de Xenebra (Suíza), pero ten outra paixón, que é a literatura. Durante o seu primeiro embarazo, Ana Muiño Rey escribiu Muñeca de papel, a súa primeira novela, publicada con Caligrama Editorial, que lle outorgou o Sello Talento, e acaba de saír a segunda parte, Juego de roles, case ao tempo que tivo o seu segundo fillo.
O mércores 26 de novembro, no marco dos actos do 25N, terémola nas Escolas do Xardín Agra de Caldas para falar de libros, de historias de mulleres e de moitas cousas máis!
Presentará o acto a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, e ao remate servirase un aperitivo. A entrada é libre ata completar a capacidade do local.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.