A web oficial do concello de Carballo

AMAL en ruta: proxección de “This is Gaza”

30/01/2026
20:00
Pazo da Cultura

AMAL en ruta | Proxección da película This is Gaza | Documental | Tom Besley | 2025 | Reino Unido

Cando a guerra entre Israel e Hamás destruíu o seu fogar e puxo en perigo a súa familia, o cineasta palestino gañador do premio Emmy, Yousef Hammash, buscou a súa única esperanza: unha cámara de vídeo. Esta é a súa poderosa historia. En This is Gaza, Tom Besley combina a mirada xornalística coa experiencia vital de Yousef Hammash, xornalista do equipo de Channel 4 News, quen conta a súa historia dende Gaza por primeira vez ante a cámara. En 2025 foi seleccionada para os Premios Rory Peck Longlists na categoría de xornalista freelance.

Entre o venres 30 de xaneiro e o xoves 26 de febreiro o Pazo da Cultura de Carballo acolle as proxeccións do ciclo de cinema euro árabe AMAL en Ruta, unha mostra que ten como obxectivo achegar á sociedade a cultura árabe a través do cinema. Este ano a programación está dedicada de forma íntegra á situación do pobo palestino.

  • Venres 30 de Xaneiro
  • 20.00 horas
  • Pazo da Cultura
  • Acesso libre ata completar a capacidade
  • Duración: 50 minutos

Non hai campos definidos para este produto.