AMAL en ruta | Proxección da película The Encampments | Documental | Kei Pritsker, Michael T. Workman | 2025 | EEUU
Documental sobre as protestas estudantís solidarias con Palestina en 2024, iniciadas na Columbia University e estendidas globalmente. Mostra a represión e os campamentos, máis tamén a forza dun movemento internacional que reclama xustiza e responsabilidade institucional.
Kei Pritsker, xornalista e documentalista, e Michael T. Workman, cineasta e produtor, dirixen The Encampments. A súa colaboración combina investigación xornalística e narrativas visuais para documentar con forza as protestas estudantís en solidariedade con Palestina. A cinta estivo nomeada ao nomeado ao Human Rights Award 2025, gañando unha Mención Especial.
Entre o venres 30 de xaneiro e o xoves 26 de febreiro o Pazo da Cultura de Carballo acolle as proxeccións do ciclo de cinema euro árabe AMAL en Ruta, unha mostra que ten como obxectivo achegar á sociedade a cultura árabe a través do cinema. Este ano a programación está dedicada de forma íntegra á situación do pobo palestino.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.