A web oficial do concello de Carballo

AMAL en ruta: proxección de “Janin, Jenin”

05/02/2026
20:00
Pazo da Cultura

AMAL en ruta | Proxección da película Janin, Jenin | Documental | Mohammed Bakri | 2024 | Palestina

Neste novo documental, Mohammed Bakri regresa ao campo de refuxiados de Jenin máis de dúas décadas despois da súa obra anterior, Jenin, Jenin (2002). Na nova peza, filmada tras a ofensiva militar israelí de 2023, retoma o fío da súa experiencia previa: entrevista de novo a quen aparecera no documental orixinal e recolle novos testemuños directos sobre a ocupación, a destrución e a resistencia persistente.

Actor e director palestino nado en Bi’ina, na rexión da Galilea, Bakri conta cunha traxectoria destacada no cinema e no teatro, caracterizándose por explorar temas de identidade, memoria e resistencia palestina. O seu traballo documental céntrase en dar voz ás comunidades afectadas polo conflito. Nesta obra retomou o compromiso coa denuncia social desde unha ollada íntima e humana.

Entre o venres 30 de xaneiro e o xoves 26 de febreiro o Pazo da Cultura de Carballo acolle as proxeccións do ciclo de cinema euro árabe AMAL en Ruta, unha mostra que ten como obxectivo achegar á sociedade a cultura árabe a través do cinema. Este ano a programación está dedicada de forma íntegra á situación do pobo palestino.

  • Xoves 5 de febreiro
  • 20.00 horas
  • Pazo da Cultura
  • Acesso libre ata completar a capacidade
  • Duración: 60 minutos

Non hai campos definidos para este produto.