A web oficial do concello de Carballo

Alana presentan “Do xeito á cantigha”

08/08/2025
22:30
Praza do Concello

Verán Cultural | Un dos grupos revelación en Galicia, Alana, composto por tres músicos bergantiñáns: Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusión e gaita) presentarán o seu primeiro disco O xeito á cantigha. A música tradicional mesturada con ritmos de base electrónica e pop é un dos seus sinais de identidade, xunto coa posta en valor das recollidas a moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da nosa música.

Acceso libre ata completar a capacidade | Colabora: Deputación da Coruña

No field defined for this product.