O alumnado do CMUS encara a recta final do curso, e para o martes 20 de maio está programado o acto de graduación do alumnado de 4º curso de grao elemental e de 6º curso de grao profesional, que recibirán cadanseu diploma e a orla correspondente. O acto contará ademais con diversas actuacións, entre elas as da orquestra e a banda de grao elemental, así como as de diferentes agrupacións formadas polo alumnado de 6º de grao profesional.
Día: martes 20 de maio
Hora: 19.00 h
Lugar: auditorio do Pazo da Cultura
Entrada: libre e de balde ata completar capacidade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.