Debate A educación das mulleres e as mulleres como educadoras, unha actividade organizada pola Asociación Cultural Lumieira co apoio do concello, no contexto da conmemoración do seu 50 aniversario.
O encontro contará coa participación de mulleres educadoras e de Narciso de Gabriel, autor de Xogando coa pólvora, nun diálogo arredor da evolución da educación desde unha perspectiva de xénero. A sesión pretende analizar como a socialización diferencial condicionou historicamente o papel das mulleres na docencia e reflexionar sobre os retos actuais en materia de igualdade no ámbito educativo.
Entrada libre e de balde.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.