Verán Cultural | Os cómicos da legua percorren camiños, rúas e prazas co obxectivo de representar O Quixote. Chegan cargados de ilusión, talento… e algún que outro despiste. Porque hai un pequeno problema: algún dos actores faltou aos ensaios e non ten moi claro o que ten que facer.
Unha comedia dirixida por Alba Bermúdez, da compañía Galeatro, chea de humor, enxeño e amor polas táboas, com moitos equívocos, improvisacións e retranca, para sacar adiante a obra de Cervantes.
Acceso libre ata completar a capacidade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.